

| 14/03/26 | BILBO (SALA BBK) + Haize Arrosa 19:30 h | Entradas á venda |
| 01/04/26 | GRANADA (PLANTA BAJA) 21:30 h | Entradas á venda |
| 01/05/26 | UVIÉU (LATA DE ZINC) 21:30 h | Entradas á venda |
| 29/05/26 | ZAMORA (LA CUEVA DEL JAZZ) 21:00 h | Entradas á venda |
| 30/05/26 | LEÓN (EL GRAN CAFÉ DE LEÓN) 21:30 h | Entradas á venda |
| 25/09/26 | VALÈNCIA (JERUSALEM) 21:00 h | Proximamente |
| 26/09/26 | MADRID (SALA VILLANOS) 21:30 h | Entradas á venda |
| Proximamente | BARCELONA | Proximamente |



MONDRA
Artista, cantareiro e bailador, Mondra é un dos nomes máis sobranceiros da escena musical do país.
Co seu álbum debut, titulado ARDĒN (Altafonte, 2023), acada o recoñecemento unánime de público e crítica. No mes de maio de 2025 Mondra lanza o seu segundo traballo discográfico, DE RONDA (Altafonte, 2025), un álbum persoal e irreverente, “para seducir ou ser seducido”, da man de Hevi (Laboratorio Soyuz).
Sobre os palcos, Mondra realizou entre 2023 e 2024 máis de oitenta concertos dentro e fóra da xeografía galega coa súa FOLĪA das ARDENTES, aclamada polo público. Da mesma maneira, en 2025, A RONDA seguíu a encher os escenarios cun espectáculo no que a música, o corpo e a escena dialogan coa tradición para resignificala desde o presente. A xira 2026 da RONDA levará o espectáculo de Mondra de novo por toda a xeografía galega e do resto do estado.
No capítulo de recoñecementos, recibiu entre outros galardóns o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024 por ARDĒN, o Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip 2025 por MARIMONDRA ou Premio aRi[t]mar á Mellor Música do 2024 na Galiza polo seu tema “quererse ben”.
