
2026

| 14/03/26 | BILBO (SALA BBK) + Haize Arrosa 19:30 h | |
| 04/04/26 | VILALBA (FEIRA DO QUEIXO DE SAN SIMÓN DA COSTA) 22:30 h. Praza de Santa María | |
| 24/04/26 | ORDES (FESTA DO CHAMPIÑÓN) 23:30 h | |
| 01/05/26 | UVIÉU (LATA DE ZINC) 21:30 h | |
| 14/05/26 | SANTIAGO DE COMPOSTELA (FESTAS DA ASCENSIÓN) 21:00 h. Praza da Quintana | |
| 16/05/26 | A ESTRADA 22:00 h. Praza da Constitución | |
| 29/05/26 | ZAMORA (LA CUEVA DEL JAZZ) 21:00 h | |
| 30/05/26 | LEÓN (EL GRAN CAFÉ DE LEÓN) 21:30 h | |
| 26/06/26 | VITORIA-GASTEIZ (XXXVII GALIZIAKO EGUNA – DÍA DE GALICIA EN EUSKADI) 22:30 h. Foru plaza | |
| 27/06/26 | TEO 22:00 h. Explanada da Casa Común de Oza | |
| 24/07/26 | PADRÓN (FESTAS DO SANTIAGUIÑO DO MONTE) 23:00 h. Campo do Souto | |
| 25/07/26 | MOAÑA (FESTIVAL INTERCÉLTICO DO MORRAZO) 23:30 h. | |
| 30/07/26 | CAMBADOS (FESTA DO ALBARIÑO) 23:00 h. Praza de Fefiñáns | |
| 01/08/26 | CATOIRA (ROMARÍA VIKINGA) 21:30 h. Avda. da Ponte – Estación |
| 13/08/26 | CALDAS DE REIS 21:00 h. Escenario acuático do Umia | |
| 14/08/26 | MARÍN (FESTA CORSARIA) 23:00 h. Praza de España | |
| 15/08/26 | MALPICA (FESTA GALEGA) 23:30 h. Porto de Malpica | |
| 23/08/26 | PONTECESO (FESTILETRAS) 13:30 h. | |
| 23/08/26 | ARES (ARES INDIANO) 22:30 h. | |
| 30/08/26 | A CORUÑA (ROMARÍA DE SANTA MARGARIDA) Anfiteatro de Santa Margarida | |
| 04-05/09/26 | SALVATERRA DE MIÑO (FESTIVAL DA POESÍA NO CONDADO) | |
| 24/09/26 | BARCELONA (SALA UPLOAD) 22:00 h – 2º Ciclo 2026 de AIEnRuta Artistas | Entradas á venda |
| 25/09/26 | VALÈNCIA (LA CASA DE LA MAR) 20:00 h – 2º Ciclo 2026 de AIEnRuta Artistas | Entradas á venda |
| 26/09/26 | MADRID (SALA VILLANOS) 21:30 h – 2º Ciclo 2026 de AIEnRuta Artistas | Entradas á venda |
| 30/10/26 | BADAJOZ (OFF CULTURA) 22:00 h – 2º Ciclo 2026 de AIEnRuta Artistas | Entradas á venda |



MONDRA
Artista, cantareiro e bailador, Mondra é un dos nomes máis sobranceiros da escena musical do país.
Co seu álbum debut, titulado ARDĒN (Altafonte, 2023), acada o recoñecemento unánime de público e crítica. No mes de maio de 2025 Mondra lanza o seu segundo traballo discográfico, DE RONDA (Altafonte, 2025), un álbum persoal e irreverente, “para seducir ou ser seducido”, da man de Hevi (Laboratorio Soyuz).
Sobre os palcos, Mondra realizou entre 2023 e 2024 máis de oitenta concertos dentro e fóra da xeografía galega coa súa FOLĪA das ARDENTES, aclamada polo público. Da mesma maneira, en 2025, A RONDA seguíu a encher os escenarios cun espectáculo no que a música, o corpo e a escena dialogan coa tradición para resignificala desde o presente. A xira 2026 da RONDA levará o espectáculo de Mondra de novo por toda a xeografía galega e do resto do estado.
No capítulo de recoñecementos, recibiu entre outros galardóns o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024 por ARDĒN, o Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip 2025 por MARIMONDRA ou Premio aRi[t]mar á Mellor Música do 2024 na Galiza polo seu tema “quererse ben”.
