Portada do álbum De Ronda, de Mondra (2025). Mostra a Mondra nunha fotografía nocturna, repousando sedutor sobre unhas enormes pacas de palla, vestido con cota de malla e pantalóns peludos de deseño, de cores metálicas.

ESTREA

MONDRA
máis artistas convidadas


SALA CAPITOL
sábado, 10 de maio, 21:30h (entradas esgotadas)
venres, 9 de maio, 21:30h (entradas dispoñibles)

Entradas á venda en salacapitol.com | 18€

MONDRA

Artista, cantareiro e bailador, Mondra é un dos nomes máis sobranceiros da escena musical do país.

Co seu álbum debut, titulado ARDĒN (Altafonte Music Spain, 2023), acada o recoñecemento unánime de público e crítica, xunto a outros galardóns, como o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024, ou o Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip 2025 por MARIMONDRA.

Sobre os palcos, Mondra ten realizado ata a data máis de oitenta concertos dentro e fóra da xeografía galega coa súa FOLĪA das ARDENTES, aclamada polo público.

Neste mes de maio de 2025 Mondra vén de lanzar o seu segundo traballo discográfico, DE RONDA, un álbum persoal e irreverente, “para seducir ou ser seducido”, presenta un novo son, orgánico e fresco da man de Hevi, responsable da produción (Laboratorio Soyuz).